Chega a Lugo Comicamente con catro monologuistas

LugoXa
O paseo fluvial do Miño acollerá o próximo 3 de setembro unha nova sesión do espectáculo itinerante Comicamente.
comicamente lugo portada
24 Ago 2021

O paseo fluvial do Miño acollerá o próximo 3 de setembro unha nova sesión do espectáculo itinerante Comicamente.

Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, David Amor e Lucía Veiga chegan a Lugo cun espectáculo de comedia ao aire libre que percorre este verán as cidades e vilas galegas. Os mellores cómicos do país reunidos co obxectivo común de contaxiar a risa ao público neste regreso dos espectáculos en directo. Dj Toccororo será a encargada da música en directo.

A actuación terá lugar ás 22.00 horas e terá un prezo de 15 euros. As entradas xa están á venda.

comicamente lugo cartel
0.16654109954834