'Chinas', 'Udra' e 'Pequeño' triunfan entre o público na 46 edición da Semana de Cine de Lugo

LugoXa
Pola súa parte, 'Menos a morte', 'Intersex' e 'Cuarzo' foron elixidas polo xurado
semana-de-cine-de-lugo
30 sep 2024

Despois dunha semana na que a sétima arte foi a protagonista na cidade, conclúe a 46ª edición da Semana Internacional de Cine de Lugo, unha cita que se vén celebrando anualmente dende o 1979, e na que colabora o Concello de Lugo, o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a USC. Finalmente, Chinas de Arantxa Echevarría fíxose co premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial, quedando entre as máis votadas Más pesado es el cielo de Petrius Cariry, Vestida de Blanco de Juan Carlos Blanco, A fuego lento de Tran Anh Hung ou Las Preñadas de Pedro Wallace.

En canto á mellor curtametraxe, Pequeño de Meka Ribera triunfou entre o público e Udra de Charles Alexander fíxoo como mellor título galego, mentres que Menos a morte de Adrián Viador foi elixida polo xurado. O xurado tamén premiou a Intersex de Tomás Aceituno Maldonado como mellor película e Cuarzo de Daniel Ortiz como mellor película documental. A organización e o xurado da Semana de Cine de Lugo conceden cadansúa mención especial, polo especial tratamento dos temas, ás persoas e ao cine: Avetimología (España, 2024) de Xosé Zapata, Dos (España, 2023) de Kiko Prada, Los últimos Pastores (España, 2023 de Samu Fuentes), Héroes Olvidados (España, 2023) de Juan Manuel Plaza Pascual, Emoción Asturias: las cuatro estaciones EMOCION (España, 2023) de David Alvárez e Juan Ignacio Cuadrado, El cine del pasado  (Colombia, 2023) de Andrés Echeverri, La naturaleza de lo extraordinario LA (España, 2023) de Ligia Pájaro e Vicente Navarro, Dolor Impune (España, 2023) de Gabriel Chicano e Os valores no camiño (Galicia, 2024) de Raquel Freiria.

Tamén galardoaron Aurora (Galicia, 2023) de Area Erina, Paradiso de Anibal  (Brasil, 2023) de Diego Baraldi, Claustrofobia (Galicia, 2024) de Paco Guitian e Tadeo Puglieso, O Caurel: Terra dura, terra brava (Galicia, 2023) de Maruxa González Xampos, La Cena (España, 2023) de Jesús Martinez, Mon coeur en arriere (Bélgica, 2023) de Sarah Gouret, To bird or not to bird (España, 2023) de Martín Romero. PURA (Galicia, 2024) de Carmen Mendez e Antes de que se poña o sol (Galicia, 2’23) de Nani Matos.

 

0.193922996521