Comeza este domingo en Lugo a programación de teatro, maxia e danza deste trimestre con 'Coralinda'

LugoXa
O programa reúne 9 funcións entre outubro e decembro: catro espectáculos familiares, catro propostas de teatro para público adulto e unha función de danza
ag55-coralinda-muros-ocioengalicia
17 Oct 2026

O Concello de Lugo presenta a programación de teatro, maxia e danza para os últimos meses do ano, que inclúe nove funcións no Auditorio Municipal Gustavo Freire entre outubro e decembro. A proposta combina espectáculos para público familiar e adulto, con propostas que abranguen o teatro xestual, a comedia, a maxia e a danza contemporánea.

A primeira cita será este domingo, 18 de outubro, ás 18:30 horas, coa representación de Coralinda, da compañía Elefante Elegante. Recomendada para nenos e nenas a partir dos tres anos e cunha duración de 45 minutos, esta comedia xestual aborda cuestións como a solidariedade, o racismo e o medo ao diferente a través dunha linguaxe visual e poética.

Tras Coralinda, o calendario para o público familiar continuará o 25 de outubro con «A viaxe do Señor López», de Señor López Producións; o 1 de novembro con 2 ilusionistas cunhas maxias subversivas, de Maga Fani e Martín Camiña; o 8 de novembro con Teatro dos Vieiros, de Xoán Curiel e Charo Pita; e o 22 de novembro con Únicos, de Da-te danza, recoñecido co premio FETEN 2026 ao mellor espectáculo de danza. Todas as funcións familiares están programadas para as 18:30 horas.

Pola súa banda, as propostas de teatro para público adulto son O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, de Tarabela Creativa, prevista para o 22 de outubro ás 20:30 horas; O sangue das promesas de Sarabela (5 de novembro): Crónica do rei pasmado de Contraproducións (19 de novembro), Black Box, unha saga épica de Hugo Torres (3 de decembro).

Tamén está previsto para o 13 de novembro un espectáculo de danza que se titulado Transparentar da compañía Enésima.

As entradas teñen un prezo de 5 euros para os espectáculos de público adulto e para a función de danza, e de 3 euros para as funcións familiares. Ademais, a programación contempla un desconto do 30 % para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á AAAG.

As entradas poden adquirirse a través do portal entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata tres horas antes do comezo de cada función. Tamén estarán dispoñibles no propio auditorio o día do espectáculo, desde unha hora e media antes do inicio.

0.10617017745972