Comeza o San Froilán de Lugo co pregón e os concertos de Fillas de Cassandra e Triángulo de Amor Bizarro
A cidade comeza a celebración das súas patronais un ano máis que, como vén sendo habitual, festexeranse ata o 12 de outubro. O evento conta con preto de 200 actividades, das cales máis da metade serán musicais, destacando a participación de máis de 50 agrupacións locais. A cultura tradicional galega, con actividades consolidadas como o desfile do traxe tradicional, o XXII Festival de Música Tradicional de Cántigas e Frores e a XXVI Mostra de Música Tradicional Galega, será de novo un dos pratos fortes deste San Froilán.
Este venres, lucenses e asistentes poderán desfrutar das primeiras actuacións musicais. Fillas de Cassandra, Triángulo de Amor Bizarro e La Perra Blanco chegan a Lugo nunha xornada na que tamén estarán os Festicultores. O pregón virá a cargo da artista multidisciplinar Luz Darriba, coñecida polas súas macroinstalacións urbanas, cando se cumpren 25 anos do proxecto, o Cumulum, co que o monumento foi declarado Patrimonio da Humanidade.
Ademais, haberá pasacalles con A Volta do Agro e Cántigas e frores e inauguranse a III Feria de Olería Lugo Tradicional (FOLT), o XII Desfile de Gando tradicional e o VIII Espazo Hip Hop con batalla de galos e actuacións de Gufi, La Nasa, Domínguez Flaco e Sosad.97. As familias tamén poderán gozar de 15 actividades exclusivas dentro do San Froilán Miúdo, mentres que a programación inclúe máis de 50 concertos e preto de 90 actividades de rúa.
Nos vindeiros días actuarán, entre outros Coque Malla (11 de outubro), Paula Matheus (12 de outubro) e Milladoiro, que celebrará o seu 45 aniversario o 12 de outubro. As festas de San Froilán consolidan así o seu papel como unha das citas culturais máis importantes de Lugo e de Galicia, atraendo tanto a veciños como visitantes cunha oferta diversa e de calidade.
CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO E OS HORARIO DO SAN FROILÁN NESTA LIGAZÓN