Comeza o XXXIV Festival de Jazz de Lugo

LugoXa
Os diferentes concertos desenvolveranse en tres escenarios: o Círculo das Artes, o Club Clavicémbalo e a Casa do Saber
LakeciaBenjamin-Jazz-Lugo
7 Nov 2024

Este xoves, 7 de novembro, comeza o XXXIV Festival de Jazz de Lugo, no que participarán grandes figuras do jazz, novos valores internacionais e representantes do mellor jazz estatal e galego no escenario.

Concretamente, haberá tres escenarios: o Círculo das Artes, que acollerá oito concertos; o Club Clavicémbalo, que albergará catorce actuacións; e a Casa do Saber, que terá unha das iniciativas musicais.

No Círculo das Artes estarán a saxofonista nominada a tres Grammys Lakecia Benjamin co seu cuarteto, Bill Evans, Kiki Cortiñas co seu grupo cheo de figuras do flamenco-jazz nacional, María Schneider e a súa Big Band, o quinteto do saxofonista Vincent Herring, o icónico cantante Kenny Washington, Tana Santana Quinteto e Savoy Club Big Band.

Pola súa parte, no Club Clavicémbalo estarán Pablo Sax Cuarteto, Pepe Zaragoza Quintet, Iván Rojas New Quartet e o concerto 'Crossing Quartet' do guitarrista mexicano Hugo Fernández e o armenio Tarik Yamani; entre outras actuacións.

O XXXIV Festival de Jazz de Lugo está subvencionado pola Concellaría de Cultura do Concello de Lugo, a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación e o INAEM do Ministerio de Cultura; co patrocinio da Xunta de Galicia e Cervexas Estrella Galicia e coa colaboración de Caixa Rural Galega, AIE Enruta-Jazz, Lugauto concesionario BMW, a Universidade de Santiago de Compostela, o Círculo de las Artes de Lugo, o Club Clavicémbalo e o diario El Progreso.

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO DOS CONCERTOS DO FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO 2024

0.20263314247131