Comezan as obras de rexeneración do pavimento na Avenida de Santiago de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Durante a execución dos traballos poderán producirse desvíos e modificacións puntuais do tráfico nalgunhas zonas,
obras-avenida-santiago-friol
10 Jun 2026

O alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez, informou de que a partir de este xoves darán comezo as obras de rexeneración integral do pavimento na Avenida de Santiago, unha actuación promovida pola Xunta de Galicia que permitirá mellorar o estado xeral desta importante vía do municipio.

Segundo explicou o rexedor, durante a execución dos traballos poderán producirse desvíos e modificacións puntuais do tráfico nalgunhas zonas, polo que se solicita á veciñanza e ás persoas usuarias da estrada que extremen a atención á sinalización provisional e sigan en todo momento as indicacións establecidas.

Ademais, tamén haberá restricións de estacionamento en parte das zonas de aparcamento afectadas polas obras, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos traballos e garantir a seguridade tanto dos operarios como dos condutores e peóns.

Desde o Concello piden comprensión polas molestias que estas actuacións poidan ocasionar durante os próximos días e agradecen a colaboración da cidadanía. O alcalde destacou que estas obras contribuirán a incrementar a seguridade viaria, mellorar a comodidade dos desprazamentos e renovar unha das principais arterias de comunicación da localidade.

O Concello anima tamén á veciñanza a difundir esta información para que chegue ao maior número posible de persoas afectadas polos cambios temporais na circulación e no estacionamento.

0.12074899673462