Concerto de Lagarto Zulú no Clube Clavicémbalo de Lugo
Lagarto Zulú chega a Lugo o vindeiro sábado 29 para dar un concerto no Clube Clavicémbalo de Lugo. O concerto terá dúas sesións; un primeiro pase ás 13:00 horas e un segundo pase ás 20:30 horas.
Lagarto Zulú é un grupo que fai que viaxes pola música dos 70 e dos 80. Unha homenaxe aos creadores dos sons cos que moitos medraron física e musicalmente, que aínda nos seguen alimentando. Leonard Cohen, Lou Reed, David Bowie, Tom Petty, Bob Dylan, Elvis Costello, Iggy Pop ... son algúns dos autores cos que se viaxará por esas décadas douradas.
O aforo é limitado polo que é preciso reservar no correo club@clavicembalo.com. O prezo por unha sesión é de 6 euros, mentras que por dúas é de 9 euros. Dende a organización recordan que se levarán a cabo en todo momento tódolos protocolos hixiénico-sanitarios.