Confirman un novo concerto para o San Froilán 2024

LugoXa
Súmase ás confirmacións de Triángulo de Amor Bizarro, Sés ou Fillas de Cassandra entre outros
San Froilan
8 sep 2024

Pedro Pastor y los locos descalzos estarán no San Froilán 2024. A banda do cantautor madrileño terá o seu lugar na praza de Santa María o xoves, 10 de outubro, a partir das 21.00 horas. Maite Ferreiro destacou "o contido social e crítico das letras de Pedro Pastor", e engadiu "seguimos confirmando distintos estilos musicais para crear unhas festas nas que todas as veciñas e veciños poidan sentir orgullo de ser de Lugo".

Inspirados tras a última extensa xira latinoamericana da banda, Pedro Pastor y Los Locos Descalzos regresan este 2024 con Escorpiano, o seu quinto álbum, terminando de afianzar o eclecticismo como un estilo en si, profundando nas músicas de ida e volta e confirmando que se pode facer música saborosa, bailable e á vez poética, profunda ou combativa.

Xa vai para unha década que Pedro e os seus músicos comparten escenario e gravan os discos en bloque polo que o ensamble musical é sólido, a partir de aí, a alegría, a afinidade eo entusiasmo que inspiran  Pedro, Álvaro, Nico e Alan no escenario é único. É difícil definir o estilo, sería algo así como merengue-rock-cumbia-funk-champeta-candombe-balada-canción de autor. E as poderosas e directas letras que son, sen dúbida, o aceno de identidade deste proxecto.
Descubrilo é infinitamente mellor que as palabras.

0.11101818084717