Continúa o outono teatral no Escenario Hipócrita coa obra 'Camiños e carreiros'

LugoXa
O Circuíto Galego de Teatro Amador promovido por FEGATEA trae unha nova peza ó espazo
Andaravía
7 Oct 2024

O Circuíto Galego de Teatro Amador promovido por FEGATEA trae unha nova peza ó Escenario Hipócrita este sábado 12 de outubro ás 20.oo horas. Trátase da comedia para todos os públicos Camiños e carreiros, do grupo de Vedra Andaravía Teatro. Camiños e carreiros é unha obra dirixida por Clara Gayo ambientada no Camiño de Santiago como espazo de encontro entre culturas, intereses e inquedanzas.

Dous veciños de Vedra unen as súas forzas para poder sacar uns cartos extras beneficiándose da proximidade do Camiño. Estarán preparados para atender e comprender as novas demandas do camiño do século XXI? As entradas, ó prezo de 3 euros, poderán adquirirse no propio local dende unha hora antes da función. A programación continuará o sábado 26 de outubro coa posta en escena de Arte, de Hipócrita Teatro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11282110214233