Continúan os encontros veciñais para recoller propostas de cara aos Orzamentos de 2027

LugoXa
A alcaldesa, Elena Candia, manterá esta tarde unha reunión en Poutomillos e mañá, mércores, outro encontro no Burgo dentro da iniciativa ‘Escoita Activa’
San-Vicente-do-Burgo-Lugo
29 Sep 2026

O Concello de Lugo continúa percorrendo os barrios e as parroquias do municipio co programa ‘Escoita Activa’, unha iniciativa coa que busca coñecer de primeira man as necesidades, demandas e propostas da veciñanza de cara á elaboración dos Orzamentos municipais de 2027.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participa nestes encontros coa cidadanía, que permiten compartir ideas e trasladar as principais cuestións que afectan a cada zona. A través destas reunións, o goberno local pretende fomentar a participación veciñal e incorporar as achegas da poboación á planificación municipal.

A próxima cita terá lugar esta tarde, martes 29 de setembro, ás 17:00 horas, no local social de Poutomillos, nun encontro dirixido á veciñanza de Bacurín, Progalo e Poutomillos.

O calendario continuará mañá, mércores 30 de setembro, tamén ás 17:00 horas, cunha reunión no local social do Burgo, na que os residentes desta zona poderán trasladar as súas propostas e necesidades.

Con esta iniciativa, o Concello busca manter unha vía de comunicación directa coa cidadanía e coñecer as prioridades dos distintos barrios e parroquias para telas en conta na elaboración das contas municipais do vindeiro ano.

0.14839911460876