Convocan concentracións en Lugo e Ourense en solidariedade co pobo palestino
LugoXa | OurenseXa
A Rede Galega pola Palestina, BDS Galiza, a Asemblea Internacionalista de Compostela e Lugo por Palestina chaman a poboación a secundar as mobilizacións
10 Oct 2024
A Rede Galega pola Palestina, BDS Galiza, a Asemblea Internacionalista de Compostela e Lugo por Palestina chaman a poboación a secundar as mobilizacións que terán lugar en varias localidades galegas no 11 de outubro de 2024 en repulsa pola represión policial durante o día de acción internacional en solidariedade co pobo palestino. Concretamente, realizarase en unha concentración en Lugo, na Praza Maior, ás 20.30 horas e diante da Subdelegación do Goberno en Ourense ás 20.00 horas.