De Palestina á nova regueifa: o cine de Lugo percorre o silencio, a memoria e as historias de mulleres

LugoXa
A programación da 48ª Semana de Cine de Lugo para este mércores inclúe documentais, cine galego, curtametraxes, cine infantil, unha homenaxe e a Sección Oficial, con propostas centradas na memoria, a cultura e diferentes realidades sociais
edificio-O-Vello-Cárcere-Lugo-portada
23 Sep 2026

A 48ª Semana de Cine de Lugo continúa este mércores, 23 de setembro, cunha xornada que volverá levar o cine a diferentes espazos da cidade. O festival, organizado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e dedicado nesta edición á figura de Marilyn Monroe, ofrece unha programación na que se mesturan cine documental, propostas infantís, curtametraxes galegas, cine español, homenaxes e películas da Sección Oficial.

A actividade comezará ás 11:00 horas na Casa do Saber coa proxección de "Campamento Garra de Oso", incluída no ciclo Infantil e destinada ao público máis novo.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, o Salón de Actos da Xunta de Galicia acollerá "La túnica sagrada", dentro do ciclo "Unha de romanos", unha das propostas vinculadas á dimensión histórica desta edición da Semana de Cine de Lugo.

O cine documental terá o seu espazo ás 17:30 horas no Salón de Actos da Deputación, con "Tierra Palestina", "La fuerza del silencio" e "Raíces", tres títulos que achegarán diferentes perspectivas e relatos á programación do festival.

A esa mesma hora, O Vello Cárcere acollerá unha nova sesión de Curtas Galegas formada por "Después de ti, más amor", "Memoria de Soutelo Casarocos", "Casarocos", "Ante o avesío" e "As maos da pulpeira". Paralelamente, o Auditorio Gustavo Freire proxectará "La chica zurda Obscuria", dentro do ciclo O Mellor do Ano, mentres que ás 18:00 horas a Biblioteca Provincial ofrecerá "Obscuria", incluída no apartado de Cine Español Inédito.

As curtametraxes volverán ocupar o protagonismo ás 20:00 horas en O Vello Cárcere co ciclo "As curtas tamén son cine", que reunirá "Zumbados", "La clavícula de Salomón", "Menú del día", "Gokotta", "Mr. Banana: Querida Alba", "El abrigo" e "El revisor".

Tamén ás 20:00 horas, a Xunta de Galicia acollerá unha sesión de Cine Galego con "Sin parangon", "Nur Sultan" e "Ao son da nova regueifa". Pola súa banda, o Salón de Actos da Deputación será escenario da película "Tres mujeres, un camino", incluída no ciclo de Homenaxes.

A programación nocturna continuará ás 22:00 horas na Xunta de Galicia con tres novas propostas de Cine Galego: "Fomos ficando sós", "Historia dunha bicicleta" e "Galletas de Xian: Un doce legado". A xornada pecharase no Auditorio Gustavo Freire coa proxección de "Extranjera", ás 22:00 horas, dentro da Sección Oficial.

A xornada do mércores forma parte dunha Semana de Cine de Lugo que, ademais das proxeccións, incorpora diferentes actividades relacionadas coa historia e a cultura da cidade. Entre elas atópase a exposición "Do Bimilenario ao Arde Lucus, Lugo 2026", que reúne dous fitos da historia recente da cidade. Ademais, hoxe o Paseo do Cine de Lugo incorporará a segunda placa dedicada á actriz Benedicta Sánchez nacida no Corgo e que desenvolveu a súa carreira cinematográfica en plena madurez en 'o que arde'.

O festival contempla tamén o irmandamento co Festival de Cine de Astorga e a colocación de novas placas no Paseo do Cine de Lugo, ademais de diferentes homenaxes e iniciativas destinadas a reivindicar o cine como parte do patrimonio cultural lucense.

0.14229202270508