De Roma ao mar: o xoves da Semana de Cine de Lugo viaxa entre a memoria, a natureza e as fronteiras

LugoXa
A programación do 24 de setembro combina cine infantil, clásicos históricos, documentais, curtas galegas e unha ampla selección de películas sobre perdón, viaxes, silencio, natureza e fronteiras
Auditorio-Gustavo-Freire-Lugo
24 Sep 2026

A 48ª Semana de Cine de Lugo chega este xoves, 24 de setembro, cunha programación que percorre temáticas moi diferentes e que levará o público desde a Roma clásica ata as paisaxes do mar, pasando por historias de memoria, ausencia, perdón, viaxes e fronteiras. O festival, organizado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e dedicado nesta edición a Marilyn Monroe, manterá durante toda a xornada as súas proxeccións en diferentes espazos da cidade.

A programación comezará ás 11:00 horas na Casa do Saber con "Heidi, el rescate del lince", incluída no ciclo Infantil, nunha sesión pensada para achegar o cine aos máis pequenos.

Pola tarde, ás 17:00 horas, a Xunta de Galicia viaxará á Roma antiga coa proxección de "Quo Vadis", dentro do ciclo "Unha de romanos". Unha hora despois, ás 17:30 horas, o Salón de Actos da Deputación acollerá tres propostas do ciclo Cine Documental: "La música que llevamos dentro", "Fortes, Ensemble!" e "Voces del silencio".

A esa mesma hora, O Vello Cárcere concentrará unha nova sesión de Curtas Galegas con "Algo novo que contar", "Plumass", "Corre", "A xerarquia das ausencias" e "Mar de fondo". Paralelamente, o Auditorio ofrecerá "Un poeta", dentro do ciclo O Mellor do Ano, mentres que a Biblioteca Provincial acollerá ás 18:00 horas "La carta de Óscar", incluída no apartado de Cine Español Inédito.

A noite estará especialmente dedicada ás curtametraxes. Desde as 20:00 horas, O Vello Cárcere proxectará "Frío en las manos", "Orph", "Tiempo y perdón", "Tristes tigres", "El lado más bestia de la vida" e "El viaje", dentro do ciclo "As curtas tamén son cine".

A programación da mesma hora trasladarase tamén á Xunta de Galicia, que ofrecerá dúas propostas de Cine Galego: "360 curvas" e "Escala un cincuenta mil". No Salón de Actos da Deputación poderá verse "La huella del Temple", incluída no ciclo de Homenaxes.

As últimas horas do día estarán reservadas para novas historias galegas e para a Sección Oficial. Ás 22:00 horas, a Xunta de Galicia acollerá "O silencio herdado" e "O mar é o meu chan", mentres que o Auditorio será escenario de "Frontera", a película que pechará a programación do xoves dentro da Sección Oficial.

Esta nova xornada forma parte dunha 48ª Semana de Cine de Lugo que vai máis alá das proxeccións e incorpora diferentes actividades vinculadas á historia e á cultura da cidade. Entre elas atópase a exposición "Do Bimilenario ao Arde Lucus, Lugo 2026", que recupera dous fitos fundamentais da historia recente de Lugo.

O festival contempla tamén o irmandamento co Festival de Cine de Astorga, así como a colocación de novas placas no Paseo do Cine de Lugo e diferentes homenaxes e iniciativas destinadas a reivindicar o cine como parte do patrimonio cultural da cidade.

0.093127012252808