Denuncian a acumulación de lixo na contorna do Miño dende o Caudal Fest

LugoXa
Desde Esquerda Unida reclaman ao Concello de Lugo, que esixa, á hora de conceder grandes partidas orzamentarias, subvencións ou contratos para a celebración de festivais, uns mínimos estándares de calidades medioambiental
lixo-río-miño-caudal-fest
1 Out 2024

Despois de que pasara xa máis dunha semana da celebración do Festival Caudal Fest na contorna do río Miño, denuncian que gran parte do lixo alí vertido segue a amorearse sen que o persoal de limpeza municipal se faga cargo da recollida de todos estes restos da festa. Sumado a isto, celebrouse outro evento de grande magnitude no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, o Jarana Fest, deixando tras de si un cúmulo de botellas, envoltorios, plásticos, cabichas, vasos e demais lixo.

Ante as demandas de explicacións da veciñanza, apuntan que o Concello limitouse a respostar, que se celebrou un “botellón” na contorna do río e os restos de lixo debíanse a este tipo de celebracións. Desde Esquerda Unida reclaman ao Concello de Lugo, tamén ás outras administración públicas colaboradoras que esixa, á hora de conceder grandes partidas orzamentarias, subvencións ou contratos para a celebración de festivais, especialmente, macrofestivais coma o Caudal Fest -que congregou a 40.000 persoas segundo a organización- uns mínimos estándares de calidades medioambiental.

E tamén, ao igual que se precisan que os eventos culturais que se desenvolven na cidade, con cartos públicos, consideren a perspectiva de xénero, demandan que eses eventos culturais conten con persoal encargado de velar polo debido cumprimento das normas de seguridade ambiental, tanto á hora da montaxe do festival para á hora a desmontaxe, para evitar que todos este lixo remate verténdose no río.

“Restos de malla do recinto, bridas, material de montaxe e desmontaxe, todo isto, sumado ás cabichas, botellas, vasos, bolsas, poden acabar vertidos no río ou sendo alimento tóxico para a fauna que convive na contorna do río Miño coas nosas veciñas e veciños” -reitera Chus Rodríguez, desde a organización Esquerda Unida-.  Ao fío disto, sinala Rodríguez que “onte na prensa falaban desde a organización do Caudal Fest dun retorno económico próximo aos 9 millóns de euros para a cidade, gustaríalles saber blanco como está calculado e en que exactamente retornou, porque o que si temos claro é que en grandes cantidades de lixo si”.

0.078442096710205