Descubre Lugo, unha proposta para poñer en valor a provincia no Centro Sociocultural de Friol

LugoXa | TerraChaXa
A xornada contará coa participación de María de los Ángeles Buján Burgo e José Luis Rodríguez Fernández
historia-descubre-lugo-charla-friol
30 May 2026

Este domingo, 31 de maio, ás 17:30 horas, o Centro Sociocultural de Friol acollerá a actividade Descubre Lugo, te sorprenderá, un encontro pensado para dar a coñecer e destacar todo o que a provincia de Lugo pode ofrecer en diferentes ámbitos.

A xornada contará coa participación de María de los Ángeles Buján Burgo e José Luis Rodríguez Fernández, que achegarán as súas visións e experiencias nun espazo de diálogo e reflexión arredor do territorio lucense.

Trátase dun encontro orientado a coñecer, compartir e poñer en valor a cultura, os recursos e as oportunidades da nosa terra, promovendo o orgullo polo patrimonio e o potencial da provincia.

A cita terá lugar no Centro Sociocultural de Friol.

0.12014508247375