Encargadas da tenda Novostylo de Lugo: “O importante é tratar ao cliente como se fose da casa”

LugoXa
Falamos con Manuel Tomé Besada, xerente do negocio Novostylo, e con Beatriz Prado e Susana Corujo, empregadas do novo negocio de mobles
tenda-mobles-Novostylo-Lugo
9 May 2026

Jessica Fernández

Novostylo é unha firma de mobles ao estilo tradicional, que aposta pola calidade dos seus produtos e o contacto próximo e directo cos seus clientes. Xorde da man de Manuel Tomé Basada, cunha ampla experiencia no sector ao medrar nunha familia dedicada á fabricación de mobles, el dedícase á arte da venda a través dun equipo de persoas experimentado, o que el define como “o máis importante das tendas”. Así, di que “o primeiro que fago antes de abrir unha tenda nun sitio é tratar coas persoas que van estar aí, polo que busco persoas que teñan coñecementos e experiencia no sector do moble”.

En Lugo, a tenda de arredor de 750 metros cadrados atópase en Ronda da Muralla 50 e abre de luns a sábado en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas. Alí, o espazo chama a atención por unha delicada e coidada decoración que, como explica Manuel, “acompaña os mobles”. O xerente explica que “dedicamos moito tempo a analizar o espazo e co noso equipo de decoración, que deixou o espazo moi bonito, o que tamén axuda a que a xente decida se comprar ou non un moble”; deixando claro que os detalles importan.

NovoStylo ofrece todo o necesario para amoblar e decorar unha vivenda, agás baños. Así, ofrece mobles e decoración para dormitorios, incluídos os colchóns e tamén fan armarios a medida, ofrecen elementos para salas, salóns, auxiliares, mobles de cociña, de oficina, para zonas de descanso…

Pero o máis importante, defenden Beatriz Prado e Susana Corujo, empregadas de Novostylo en Lugo e con máis de 25 anos de experiencia no sector, é “o asesoramento ao cliente, xa que ademais de vender mobles, deseñamos como quedaría nunha habitación, así como deseñamos habitacións e pisos enteiros, facilitando a vida do cliente. Por iso, tratamos aos clientes como se fosen da casa, fomentando un contacto directo desde o primeiro momento para xerar un clima de confianza coa persoa que vai percorrer este camiño con nós, que comeza coa elección, continúa co deseño, a venda e remata coa instalación na vivenda, da que tamén nos encargamos. Podemos levar os mobles practicamente a calquera punto de Galicia ademais de contar con tendas por toda a xeografía galega”, destacan.

Así, valoran moi positivamente este primeiro mes á fronte da tenda, que tivo un “grande éxito. Moitas persoas achegáronse a dicirnos que facía falta unha tenda así en Lugo e a verdade é que tivemos moitas vendas, estamos moi orgullosas e contentas”.

Con respecto ao futuro, Manuel Tomé lamenta que unha tenda destas características non “vaia ter relevo xeracional”, xa que ve como custa atopar xente formada neste campo, que queiran traballar en comercio, así como carpinteiros que se dediquen ao reparto de mobles, pero polo de agora pon en valor o equipo de persoas que traballan nos distintos establecementos que ten repartidos por Galicia. O xerente, cunha gran ambición pero asentada nos valores e na tradición, aposta por persoas de mediana idade con formación e sobre todo experiencia, factores que promoveron que Novostylo acadara o recoñecemento como empresa Gacela do indicador económico Ardán, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

0.1243748664856