Encontro literario solidario en Lugo o vindeiro domingo
Lugo acolle o vindeiro domingo 30 de maio, dende as 11:30 horas, o 1º Encontro literario solidario Lugo Escribe. A xornada levarase a cabo na praza maior e tódalas actividades son gratuítas. Por causas das limitacións sanitarias, haberá un aforo limitado e cumpriranse en todo momento as medidas correspondentes.
O encontro, no que participarán autores/as e editores/as de todos os xéneros e estilos, realízase en beneficio da Asociación lucense de esclerosis múltiple (Alucem) e, así mesmo, pola celebración do día mundial desta enfermidade.
A xornada comezará cuns contacontos e cun taller de varitas máxicas; seguido dunha actuación musical ás 12:30 horas. A partir desta hora e ata as 14:45 horas aproximadamente, varios escritores/as presentarán as súas obras para dar a coñecer a literatura local, así coma autores de outros lugares de España.