Estabilizado o incendio de Guntín que afecta polo momento a 30 hectáreas

GaliciaXa | LugoXa
Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 16 axentes, 20 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 3 avións
hidroavion-extincion-incendios-monte-lugo
8 Jul 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Guntín, parroquia de Sirvián, quedou estabilizado ás 08.13 horas de hoxe.

Este lume iniciouse ás 16.17 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 16 axentes, 20 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

0.13215899467468