Este domingo poderanse coñecer as aves que habitan na contorna do río Miño

LugoXa
Este domingo 22 de agosto seguen as xornadas Os catro elementos, organizadas pola delegación de Lugo de ADEGA. Así, da man de Roi Cuba, poderase coñecer as aves que habitan na contorna do río Miño.
ave paxaro
19 Ago 2021

Este domingo 22 de agosto seguen as xornadas Os catro elementos, organizadas pola delegación de Lugo de ADEGA. Así, da man de Roi Cuba, poderase coñecer as aves que habitan na contorna do río Miño.

Aprenderase a identificar as aves máis habituais, e farase unha pequena andaina identificativa polo parque do río Miño á altura da Tolda. A actividade é de balde e dirixida a todos os públicos.

Para participar é necesario inscribirse antes do venres 20 de agosto ás 14.00 horas, chamando ao 982 240 299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando o nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.

0.12223601341248