Estreleira e Mádia Leva conmemoran o 180 aniversario da Revolución Galega cun acto na Muralla

LugoXa
A xornada incluirá intervencións políticas na Porta Falsa e un concerto do grupo A Quenlla
A-Quenlla-grupo-música
24 Apr 2026

Estreleira e o centro social Mádia Leva de Lugo organizarán este sábado, 25 de abril, un acto con motivo do 180 aniversario da Revolución Galega, nunha convocatoria que se desenvolverá na cidade de Lugo e que combinará intervencións políticas e música en directo.

A programación comezará ás 12h00 horas na Porta Falsa da Muralla de Lugo, onde terá lugar un acto político no que participarán Nuria Paz, Helena Salgueiro e Joam López. A cita enmárcase nunha homenaxe simbólica ao aniversario do movemento histórico, cunha intervención pública aberta ás persoas asistentes.

Tras este primeiro bloque, a xornada continuará coa actuación do grupo A Quenlla, unha formación de música folk e tradicional galega creada en 1984 por varios músicos entre os que se atopaban Mini e Mero, antigos compoñentes de Fuxan os Ventos. O concerto pechará o acto cun repertorio centrado na música de raíz galega.

0.1230320930481