Extinguido en Guntín o incendio forestal que levaba activo desde o martes

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Guntín, parroquia de Sirvián, quedou extinguido ás 00.23 horas de hoxe.
Este lume iniciouse ás 16.17 horas do martes e finalmente afectou unha superficie de 32,37 hectáreas, todas elas de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 20 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.