Friol acolle unha charla coloquio sobre emprendemento no rural

TerraChaXa | LugoXa
O centro sociocultural de Friol acolle este martes, 17 de xaneiro unha charla coloquio sobre emprendemento no rural.
16 Xan 2023

O centro sociocultural de Friol acolle este martes, 17 de xaneiro unha charla coloquio sobre emprendemento no rural. A sesión dará comezo ás 18.00 horas e terá un aforo limitado a 80 persoas.

A sesión, conducida por María Nieto, céntrase nas iniciativas empresariais postas en marcha por mulleres no ámbito rural.

Así estarán presentes Nuria Varela-Portas, xerente do Pazo de Vilane, e Carmen Lence, conselleira delegada de Río de Galicia.

0.14900588989258