Galegos acollerá unha charla sobre a actualidade do cancro coa oncóloga Begoña Campos

LugoXa
A actividade celebrarase o luns 30 de novembro no local social da parroquia e estará aberta a todas as persoas interesadas
cartel begoña campos
27 Nov 2026

A parroquia de Galegos acollerá o vindeiro luns 30 de novembro unha charla divulgativa sobre o cancro, baixo o título 'O cancro hoxe'. A sesión comezará ás 20:00 horas no local social e estará impartida por Begoña Campos, oncóloga do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

A conferencia abordará diferentes cuestións de actualidade relacionadas con esta enfermidade, co obxectivo de achegar información sobre a súa situación e os avances e aspectos máis relevantes desta patoloxía.

A iniciativa está organizada pola Asociación Cultural As Campas Galegos, coa colaboración da Asociación Cultural Lugo Sur Conturiz, e estará aberta a todas as persoas que desexen asistir, sen necesidade de pertencer ás entidades organizadoras.

0.13969898223877