Gontá, en Palas de Rei, celebra o seu magosto popular

LugoXa
A organización, a cargo da Asociación Cultural San Martiño de Gontá, solicita que as persoas interesadas en participar no xantar se anoten antes do 25 de outubro
castañas-magosto
24 Out 2024

O vindeiro sábado 2 de novembro, Gontá, no concello de Palas de Rei, celebrará un Magosto Popular repleto de actividades para todos os públicos. O evento dará comezo ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada pola cantante Laura, quen ofrecerá unha actuación para abrir o apetito dos asistentes. Ás 14.00 horas celebrarase o tradicional Xantar Popular, cun menú composto por entremeses, churrasco, chourizos, liscos, castañas, viño e café. O prezo do xantar será de 20 euros, sendo gratuíto para os menores de 12 anos.

A festa continuará a partir das 19:00 horas, coa actuación de Nanny Romero nunha sesión de tarde-noite que promete animar a xornada. Ás 21.00 horas haberá un descanso con pinchos para os asistentes, seguido por máis troula ata ben entrada a noite. A organización, a cargo da Asociación Cultural San Martiño de Gontá, solicita que as persoas interesadas en participar no xantar se anoten antes do 25 de outubro, chamando a un dos teléfonos facilitados no cartel. O evento conta coa colaboración do Concello de Palas de Rei. Este magosto é unha excelente oportunidade para desfrutar dunha xornada de boa comida, música e tradicións nun ambiente festivo.

0.19340205192566