Guntín homenaxeará a Santa Icía cun concerto de catro formacións musicais

GaliciaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa
A Banda e Escola Municipal de Música de Guntín organiza a actuación o 27 de novembro na Casa da Cultura, nunha edición especial na que a agrupación local conmemora o seu 25 aniversario
Santa Icía Guntín
16 Nov 2026

Guntín celebrará o vindeiro 27 de novembro o concerto de Santa Icía, organizado pola Banda e Escola Municipal de Música de Guntín. A programación comezará cunha misa solemne ás 19:30 horas e, a continuación, terá lugar o concerto na Casa da Cultura, que reunirá catro formacións musicais nunha xornada dedicada á música coral e instrumental.

Na actuación participarán a Coral Polifónica de Melide, a Coral Polifónica Guntín-Taboada, o coro Sauti Yangu Tu e a propia Banda e Escola Municipal de Música de Guntín, que este ano celebra os seus 25 anos de traxectoria.

Santa Icía, cuxa festividade se conmemora cada 22 de novembro, é a patroa da música e das persoas músicas. Esta celebración é unha das citas tradicionais do calendario cultural de numerosas localidades, que aproveitan a ocasión para organizar concertos e encontros musicais nos que participan bandas, corais e escolas de música.

0.28512501716614