Invisten 120.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética no polideportivo de Navia

Raúl Pérez tamén sinala que estas obras de mellora axudarán a que o Concello de Navia de Suarna experimente importantes aforros
PP-Navia-de-Suarna
23 Out 2024

Dende o Grupo Municipal do PP de Navia de Suarna poñen en valor e destacan a achega de 119.859 euros que realiza a
Xunta de Galicia para que se poidan realizar melloras de eficiencia enerxética no polideportivo municipal O voceiro popular, Raúl Pérez, quere destacar a importancia destes traballos xa que contribuirán “a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro” polo que deste xeito “dende o noso municipio seguimos a poñer o noso gran de area para mitigar os efectos do cambio climático”, en liña coa Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027.

Raúl Pérez tamén destaca que estas melloras no polideportivo municipal contribuirán a mellorar “o aforro enerxético e económico” no municipio, ademais de mellorar “o confort de todas as persoas que se acheguen ata esta instalación”. “Queremos destacar e agradecer o compromiso da Xunta de Galicia con todos os veciños de Navia de Suarna xa que se trata dunhas obras de mellora moi necesarias e demandas pola veciñanza”, afirmou.

0.1919629573822