Itaca Teatro levará a súa última obra a Navia de Suarna e Meira esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
A primeira actuación terá lugar o sábado ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural meirense e o domingo chegará á montaña, cunha función ás 19:00 horas na Praza do Concello
achifanfanos-carlos-rebolo
17 Sep 2026

O contador de historias e actor lucense Carlos Rebolo levará o seu espectáculo de narración oral Achifánfanos a Meira e Navia de Suarna esta fin de semana, con dúas funcións dentro do seu percorrido por diferentes localidades galegas.

A primeira actuación terá lugar o sábado 19 de setembro ás 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural Federico González López do Concello de Meira e o domingo 20 de setembro, Achifánfanos chegará a Navia de Suarna, cunha función ás 19:00 horas na Praza do Concello. Estas dúas funcións forman parte do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Achifánfanos nace dunha palabra e dunha definición herdadas da avoa de Carlos Rebolo: un achifánfano é aquela cousa, obxecto ou aparello aparentemente inservible que decidimos gardar sen saber moi ben por que. A partir desta idea, o narrador recupera tamén aquelas anécdotas da súa vida que foi gardando na memoria, aínda pensando que quizais non lle interesarían a ninguén.

Un espectáculo próximo e persoal no que as lembranzas, o humor e as pequenas historias da vida cotiá se converten en materia para compartir co público a través da palabra e da narración oral.

As funcións de Achifánfanos en Meira e Navia de Suarna terán lugar o sábado 19 ás 20:00h e o domingo 20 ás 19:00h, respectivamente e a entrada será de balde.

0.14763402938843