Ítaca Teatro representará 'Formigas no Peto' este xoves en Lugo

LugoXa
Ítaca Teatro representará Formigas no Peto este jueves 16 de diciembre a las 20.30 horas en el Gustavo Freire de Lugo.
itaca teatro formigas peto
itaca teatro formigas peto
13 dic 2021

Este xoves 16 de decembro, o Auditorio Gustavo Freire de Lugo acollerá á compañía Ítaca Teatro co seu espectáculo Formigas no Peto, unha viaxe emocional que chega ao corazón. Trátase dunha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes, coa narración oral e co teatro de actor.

Carlos Rebolo protagoniza esta peza dirixida por José Campanari, con dramaturxia de Ana Carreira e o propio Campanari, onde o protagonista cóntanos, sinte e viaxa por momentos e lugares da súa infancia que é, nin máis nin menos, que a súa patria (e máis a nosa). A través desta viaxe adentrámonos no Bazar da Memoria e percorremos instantes comúns que nos levan a pasear polo lombo das formigas que se agochan nos petos.

Esta función forma parte da Programación Cultural do Concello de Lugo e máis da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

A estrea en Lugo será ás 20,30 horas e as entradas poden adquirirse no portal www.entradaslugo.es, na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo e, o día da función, no propio auditorio desde as 19 horas.

Ítaca Teatro
Naceu en 2018, produto do reencontro de dous antigos compañeiros que deciden reunirse para levar a cabo un proxecto que lles permite antepoñer o desfrute do proceso creativo e que, ao mesmo tempo, lles conceda a liberdade necesaria para afrontas as propostas que lles gustaría ver a eles mesmos como espectadores.

A compañía pretende encontrar, e que prevaleza nas súas montaxes, o equilibrio preciso para captar o interese do programador, a atención do público, e conseguir a satisfacción propia por facer o teatro que lles apaixona.