Jaime Caravaca e Grison Beatbox ofrecerán o seu espectáculo en Lugo

LugoXa
Jaime Caravaca e Grison Beatbox volven de novo á carga esta tempada para ofrecernos un espectáculo en Lugo
1 jaime caravaca grison beatbox
20 sep 2021

Jaime Caravaca e Grison Beatbox volven de novo á carga esta tempada para ofrecernos un único e irrepetible show que mistura comedia e beatboxing nun ambiente moi participativo e con moita improvisación.

Nesta ocasión será o día 22 de outubro no auditorio Gustavo Freire ás 21.30 horas e contarán cos mellores monólogos de Caravaca, as escenas conxuntas, dobraxe en directo, e as cancións imposibles de Grison cun insuperable beatbox e o seu inseparable loopstation.

As entradas para este espectáculo xa están á venda.

jaime caravaca grison beatbox
0.13404512405396