Kátya Teixeira dará un concerto na EPAPU de Albeiros 

LugoXa
A artista brasileira Kátya Teixeira dará un concerto este xoves
Kátya-Teixeira
23 Oct 2024

A artista brasileira Kátya Teixeira dará un concerto este xoves 24 ás 16.30 horas na EPAPU de Albeiros. A actividade está coordinada polo Departamento de Portugués do centro e ten como principal obxectivo achegar a cultura e música do Brasil ao alumnado através dunha aula-espectáculo. O concerto encádrase dentro da xira europea no 30 aniversario da traxectoria da cantora, compositora, instrumentista e pesquisadora da cultura popular brasileira.

⚙ Configurar cookies
0.15232992172241