‘La isla de Amrum’ recibe o Premio do Público da 48 Semana de Cine de Lugo

GaliciaXa | LugoXa
A película de Fatih Akin foi a mellor valorada da Sección Oficial, mentres ‘El revisor’ e ‘Memoria de Soutelo’ gañaron os premios ás mellores curtametraxes
Semana-de-Cine-de-Lugo-2026
27 Sep 2026

A 48 Semana de Cine de Lugo pechou a súa edición de 2026 coa entrega dos premios das diferentes seccións do festival. ‘La isla de Amrum’, dirixida por Fatih Akin, conseguiu o Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial cunha valoración de 2,65 puntos.

A película alemá, estreada en 2025, foi a máis valorada polo público entre as seis longametraxes da Sección Oficial. ‘Frontera’, de Judith Colell, obtivo 2,45 puntos; ‘Volver a ti’, de Jeanette Nordahl, 2,38; ‘Un pájaro azul’, de Ariel Rotter, 2,02; ‘Extranjera’, de Michell Malley Campos, 1,92, e ‘Esa cosa con alas’, de Dylan Southern, 1,91.

No apartado ‘As curtas tamén son cine’, o Premio do Público á Mellor Curtametraxe foi para ‘El revisor’, de Jandro (Alejandro López García), que acadou 4,38 puntos.

O público tamén escolleu ‘Memoria de Soutelo’, de Xoan Bregua, como Mellor Película de Curtas Galegas, cunha valoración de 4,17 puntos.

Pola súa banda, os diferentes xurados concederon os seus premios nas categorías de cine galego, documental e cine español inédito. O Premio do Xurado á Mellor Película Galega de Longametraxes foi para ‘O son da serra’, de Pau Fierro Cadorniga e Ana Belén Fernández, mentres que ‘Sutura’, de Carolina Couto Tabernero, foi distinguida como Mellor Película Galega de Curtametraxes.

O Premio do Xurado á Mellor Película Documental recoñeceu ‘La barraca’, de Agustín Márquez. No ciclo ‘Cine Español Inédito’, o galardón á mellor película foi para ‘Quien llorará por mí’, de Francisco Izquierdo Gordo.

A Organización e o Xurado da 48 Semana de Cine de Lugo concederon ademais Mencións Especiais a un total de 25 películas polo tratamento dos temas abordados e o seu achegamento ás persoas e ao cine.

Entre as obras recoñecidas figuran ‘Adi, filla da luz’, de Horacio Cabilla; ‘La fuerza del silencio’, de Samuel Vela Pérez; ‘La música que llevamos dentro’, de Miguel Almanza; ‘Voces del silencio’, de Julio Mazarico; ‘Borau y el cine’, de Germán Roda; ‘Tres mujeres, un camino’, de Antonio Alonso; ‘En camino a Leo’, de Ana Bárcenas Torres; ‘Lola’, de Antonio Caeiro Rodríguez; ‘Alén dos silencios’, de Carmen P.G. Granxeiro; e ‘Ao son da nova regueifa’, de Saúl Rivas e Manolo Maseda.

Completan as Mencións Especiais ‘360 curvas’, de Alejandro Gandara e Ariadna Silva Fernández; ‘O silencio herdado’, de Lucia Dapena González; ‘El viento que golpea mi ventana’, de Emilio Hupe; ‘Dopamina zero’, de Rodrigo Marini; ‘Sair do limbo’, de Antón Rodríguez Vázquez; ‘Planeta fome’, de Édier William; ‘La primera marcha sin disputa’, de Olivier Wright; ‘Inés’, de José Antonio Gutiérrez Moreno; ‘El abrigo’, de Jesús de Fariña; ‘La silla’, de Clara García e Mariano Reinaldos; ‘Frío en las manos’, de Sergio Checa; ‘Pupa’, de Antia Carreira; ‘Pasodoble’, do Grupo Pikotres, e ‘Mar de fondo’, de Joana Vilaverde Pintor.

0.13770580291748