Labio acollerá este sábado a I Ruta Cabalar Entre Toxos, unha xornada de natureza, amizade e convivencia

LugoXa
A parroquia lucense celebrará o 12 de setembro unha ruta a cabalo con saída ás 10:00 horas, pinchos a media mañá, sesión vermú e comida, ademais de música, sorteos e outras actividades
ruta-cabalar-toxos-Labio-Lugo
10 Sep 2026

A parroquia de Labio, no concello de Lugo, celebrará este sábado, 12 de setembro, a I Ruta Cabalar Entre Toxos, unha iniciativa que combina a afección polos cabalos coa natureza, a amizade e a convivencia. A actividade conta coa colaboración da Vicepresidencia. Deputación de Lugo.

A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa saída da ruta, que percorrerá contornas naturais da parroquia. A organización ten previsto facer unha parada para tomar pinchos a media ruta, antes de continuar cun programa pensado para prolongar a celebración ao longo de toda a xornada.

Ás 13:00 horas terá lugar unha sesión vermú, mentres que ás 15:00 horas está prevista a comida. Pola tarde, a festa continuará con música a cargo do DJ Ello, ademais de sorteos e a presenza dun fotógrafo profesional.

Baixo o lema “Natureza, amizade e bo ambiente”, a I Ruta Cabalar Entre Toxos pretende converterse nun punto de encontro para afeccionados aos cabalos e para todas aquelas persoas que queiran gozar dunha xornada ao aire libre nun ambiente festivo e de convivencia.

As persoas interesadas en participar poden reservar a súa praza a través dos teléfonos 687 14 24 05 e 649 14 13 97.

0.16518402099609