Leña Verde organiza un obradoiro de iniciación ao baile galego en Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A actividade celebrarase o domingo 15 de novembro na carballeira de Mosteiro, con Artur Puga como mestre, e terá un prezo de 35 euros
Baile Galego
8 Nov 2026

A asociación cultural Leña Verde de Pol organiza un obradoiro de iniciación ao baile galego para o vindeiro domingo 15 de novembro. A actividade desenvolverase entre as 10.30 e as 13.30 horas na caseta do Polbo, situada na carballeira de Mosteiro.

O obradoiro estará impartido por Artur Puga e está dirixido a todas as persoas que queiran achegarse ao baile tradicional galego e iniciarse nos seus pasos e movementos.

O prezo da inscrición é de 35 euros. As persoas interesadas poden reservar a súa praza chamando ou escribindo ao teléfono 600 337 413.

Ao remate da sesión, a organización celebrará un pequeno petisco e anima os participantes a levar algo de comida ou bebida para compartir. A iniciativa está organizada por Leña Verde coa colaboración do Concello de Pol.

0.16021299362183