Lois Pérez dará un recital na UNED de Lugo co gallo das Letras Galegas
Lois Pérez Díaz dará un recital poético-musical na UNED de Lugo co gallo do Día das Letras Galegas. O prazo de matrícula está aberto e é gratuíta.
Realizarase presencial ou online, en directo ou en diferido, ao aire libre o vindeiro xoves 13 de maio, en horario de 19:00 a 20:00 horas.
O autor conta que "titulei o recital baixo o nome de Uni-versos á distancia, nun xogo obvio coa UNED pero que me serve parafalar non só dos versos e os universos, senón tamén da distancia. Non me vou poñer tan transcendental ese día farei que o pase ben a xente que vaia e que se ria, pero a distancia é unha magnitude que hoxe en día pérdese, ao igual cá cercanía ou a proximidade, as redes sociais eliminaron -case- esta noción de distancia, que penso é importante para a comunicación e a relación coas demais. Na medida en que se borra esta distancia, bórrase tamén o que preservamos de nós e non mostramos na relación cos demais. Aparentemente é máis doado comunicármonos, pero ao mesmo tempo a eliminación da distancia unicamente fai que nada do que portamos quede preservado, oculto, descoñecido... A repetición do igual onde só importamos nós e non importa ninguén máis...Deriva nunha certa frustración esta sobreexposición aos demais e ás redes, sen distancia, sen ritual, sen narrativa, so o eu proxectado nos demais.... E penso que fronte a isto, entre outras moitas cousas, a poesía, o humor, a literatura, a lingua, contribúe a recuperar o noso espazo e comunicármonos mellor, encontrármonos coas demáis".
Lois Pérez Díaz Mestre é poeta, dramaturgo, contador de historias e humorista, e o centro da súa actividade artística é a narración oral
e a escrita.