Lugar de Reque acolle un obradoiro de fermentados este sábado

LugoXa

Un obradoiro de fermentados é a nova  actividade que acolle o Lugar de Reque, dentro da programación permacultural que se desenvolven neste espazo público a carón do río Rato.

19 ene 2023

Un obradoiro de fermentados é a nova  actividade que acolle o Lugar de Reque, dentro da programación permacultural que se desenvolven neste espazo público a carón do río Rato.

No obradoiro, que se celebrará o sábado 21 de xaneiro, ofreceranse coñecementos teóricos e prácticos sobre a fermentación, unha técnica de conservación que pode empregarse con moitos alimentos de consumo habitual como verduras, hortalizas ou froitas e que, ademais de introducir receitas novas na dieta, reduce o desperdicio alimentario.

Chucrut, kimchi ou queixos vexetais son algúns dos produtos que se elaborarán  no taller, dirixido por Natalia Carrillo. A xornada extenderase de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas.

As persoas interesadas en participar deben enviar a solicitude ao enderezo  lugardereque@deputacionlugo.org entre o 18 e o 20 de xaneiro.  As prazas cubriranse por orde de recepción das solicitudes.