Lugo acolle mañá unha nova demostración da Mostra de Vellos Oficios Artesáns
Mañá domingo celébrase unha nova xornada da Mostra de Vellos Oficios Artesáns. Esta mostra terá lugar nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20:30.
Este domingo Carla Canedo Martínez realizará unha mostra de xoiería que consiste na creación de filigranas de prata, a composición dun sapo e uns brincos coas filigranas formadas, realización das bóliñas necesarias e o soldado de todas as pezas que compoñen as xoias.
Tamén estará Julia Vilariño con unha demostración do oficio de sombreirería. Consistirá en converter unha capelina ou campá de feltro ou fibras naturais nun chapeu, aprestado do tecido, modelado en hormas de madeira, prancha, vapor, costura…
A programación continuará o próximo domingo 11 de setembro con un obradoiro de gaitas e construcción de embarcacións.