Lugo acolle un club de lectura aberto con Xabier Quiroga arredor de ‘Alguén ao lado’

O club de lectura promovido por Lugo Patrimonio e a Librería Trama celebrará este venres, 24 de abril, un encontro aberto co escritor Xabier Quiroga arredor da súa obra Alguén ao lado.
A actividade terá lugar ás 17:00 horas e está concibida como unha charla participativa dirixida tanto ás persoas lectoras da obra como ao público xeral interesado na literatura.
O encontro permitirá afondar nos contidos e no proceso creativo do libro, ao tempo que ofrecerá a oportunidade de dialogar directamente co autor nun formato próximo e aberto.
A iniciativa enmárcase nas accións de dinamización cultural impulsadas por ambas entidades, que buscan fomentar a lectura e o contacto directo entre escritores e lectores.