Lugo licita por 3.000 euros o proxecto para sinalizar o Camiño Real ata A Retorta

LugoXa
A actuación abranguerá o percorrido desde o barrio de San Lázaro ata o límite con Friol e incluirá paneis informativos e sinais de orientación
camino-santiago-peregrinos-
14 Nov 2026

O Concello de Lugo sacou a licitación por 3.000 euros a redacción do proxecto de sinalización do Camiño Real na saída da cidade, nun itinerario que conecta o barrio de San Lázaro co límite municipal de Friol, no lugar de A Retorta.

O documento técnico deberá establecer o trazado e o deseño dos elementos de sinalización ao longo dos aproximadamente 12,75 quilómetros que comprende este percorrido. Tamén determinará os puntos nos que será necesario colocar sinais, especialmente nos cruces e nas bifurcacións, para facilitar a orientación das persoas que transiten pola ruta.

A proposta deberá contemplar, ademais, a instalación de polo menos dous paneis informativos, así como diferentes sinais direccionais que permitan identificar o itinerario e seguir o seu percorrido.

Con esta iniciativa, o goberno local pretende recuperar e mellorar a sinalización dun camiño de especial interese cultural e etnográfico. O proxecto deberá manter unha liña estética coherente coa sinalización que xa existe no tramo pertencente ao Concello de Friol, co obxectivo de ofrecer continuidade visual ao itinerario entre ambos os municipios.

0.16447186470032