A Asociación Lugo Monumental puxo en marcha o seu Outlet de Outono, que se prolongará ata o mércores 16 de outubro. Durante estes tres días, ofreceranse produtos de primeira calidade a prezos reducidos, aproveitando o fin de tempada. O evento ten lugar nas casetas instaladas na praza de Ángel Fernández Gómez, situada detrás do Concello, que ata onte acolleron a feira ArteSanFroilán. A iniciativa conta co apoio do Concello de Lugo, a través da área de Participación e Servizos para a Veciñanza, así como coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, que cedeu os espazos necesarios.
Os postos do outlet estarán abertos en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas durante estes tres días. Os establecementos participantes, que foron seleccionados por sorteo, son: Mezcla, CEPECE, M&N Complementos, Koleccióname, Noan, Lenzos, Lucus Donapel, Miluna, Seica Vintage, O Baúl Branco, Carmen Beis, Vinissi, Morera Gourmet, Sainkho, Agarimo, Maldita Matilda, Destellos, Malizia Underwear, Mariña e Landra Shop Este Outlet de Outono preséntase como unha oportunidade para que os veciños e visitantes poidan adquirir produtos exclusivos a prezos moi atractivos.