Lugo Sur Conturiz incorpora novos membros para reforzar áreas culturais, educativas, de saúde e comunicación

LugoXa
A asociación suma perfís profesionais de distintos ámbitos para apoiar e desenvolver iniciativas de interese social e divulgativo
incorporacións-Lugo-Sur-Conturiz
15 Apr 2026

A Asociación Cultural Lugo Sur Conturiz anunciou a incorporación de novos membros co obxectivo de reforzar e ampliar o traballo que desenvolve en distintos ámbitos relacionados coa actualidade social, cultural e sanitaria.

Entre as novas incorporacións atópase José Carlos Ulloa Rodríguez, que se encargará de impulsar a área cultural da asociación e de abordar cuestións vinculadas ao ámbito educativo, co fin de achegar contidos e reflexións relacionadas coa realidade deste sector.

Tamén se suma Fran Lorenzo, que terá un papel no desenvolvemento e difusión das iniciativas da entidade, especialmente no uso e xestión das redes sociais como ferramenta de comunicación e divulgación.

No ámbito da saúde incorpórase Ismael Carballo, que achegará coñecementos sobre actividade física, benestar e hábitos saudables adaptados a distintas idades, ademais de aspectos relacionados coa alimentación equilibrada.

A asociación suma tamén a Lorenzo Armenteros, profesional con ampla traxectoria no ámbito sanitario, que contribuirá con asesoramento e actualizacións en materia de saúde, especialmente en atención primaria e novidades do sector.

Desde a entidade agradecen a implicación destas incorporacións e sinalan que o obxectivo é seguir desenvolvendo actividades de difusión e interese xeral, contando con profesionais de distintos ámbitos que acheguen coñecemento e experiencia ao tecido social lucense.

0.13455390930176