O Goberno local transforma o antigo Parque de Enerxías Alternativas do Ceao nun aparcadoiro disuasorio de 116 prazas

LugoXa
A actuación, unha das primeiras do PAI Novo Norte, conta cun investimento próximo aos 400.000 euros e está cofinanciada nun 60 % con fondos europeos
Visita-Parque-Enerxías-Alternativas-Concello-de-Lugo
28 Sep 2026

Lugo avanza na transformación do espazo do antigo Parque de Enerxías Alternativas do Ceao cun novo aparcadoiro disuasorio de 116 prazas, unha actuación incluída no PAI Novo Norte e que conta cun investimento próximo aos 400.000 euros. As obras comezaron hai uns días e están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro de traballo co eurodeputado Adrián Vázquez para analizar o avance dos fondos europeos no municipio e defender unha planificación centrada en actuacións que respondan ás necesidades da cidadanía.

Candia sinalou que os fondos europeos representan "unha oportunidade, pero tamén unha responsabilidade" e apostou por evitar investimentos que, ao seu xuízo, non achegaron valor engadido á veciñanza. Neste sentido, afirmou que é necesario "aprender dos erros" de proxectos anteriores, entre os que citou Impulso Verde, as Caldas e o carril bici, para deseñar actuacións con continuidade e utilidade.

Tras o encontro, a concelleira de Relacións Institucionais, Cristina Sánz; o concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide; a concelleira de Mercados e Industria, Silvia Colmenero, e María Reigosa acompañaron a Adrián Vázquez ata o novo aparcadoiro disuasorio do Ceao.

A actuación permitirá transformar o espazo que ocupaba o antigo Parque de Enerxías Alternativas, unha infraestrutura que, segundo o Concello, nunca chegou a funcionar e que se atopaba desmantelada. O proxecto fora impulsado con fondos europeos polo anterior goberno bipartito.

O novo aparcadoiro forma parte do PAI Novo Norte e está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea a través do FEDER, no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027 e da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (Plan EDIL).

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

A edil nacionalista, Cristina López, saiu ao paso da vista manfestando que se trata de "unha vista partidaria e propangadistica que nada ven a aportar a Lugo máis que lembrar o comportamento antilucense do grupo do PP en Europa".

"Candia non defende o rural de Lugo cando se reune con un eurodiputado do PP que votou a favor do tratado do MERCOSUR" manifestou a edil do BNG Cristina López e engadiu "o PP sempre defende os intereses das grandes multinacionais e ataca ás persoas que apostan polo sector productivo".

O BNG tamén tacha de "feito partidista, e un insulto para toda a xente que se manifestou contra a decisión dos populares, que se use o despacho da alcaldía para recibir a un representante do PP".

Cristina López lembrou que foi o anterior goberno quen obtivo de Europa os fondos económicos para desenvolver o plan PAI Novo Norte. Este plan acadou unha inversión total para Lugo de 14.550.506 euros, esta estratexia urbana está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (Plan EDIL).

"Moitas das actuacións previstas neste plan foron modificadas polo actual goberno, creado polo PP coa axuda de unha tránsfuga, eliminando a parte máis interesante para a cidade e planificada con anterioridade" dixo Cristina López.

0.10673809051514