Margarita Ledo e Ana Romaní protagonizan en Lugo un encontro sobre xornalismo con sinatura de muller

O Club Cultural Valle-Inclán organiza este xoves, 26 de novembro, o terceiro acto do seu programa de homenaxe a Begoña Caamaño e de celebración das Letras Galegas de 2026. O encontro, titulado 'Xornalismo con sinatura de muller', contará coa participación de Margarita Ledo Andión e Ana Romaní Blanco, ambas as dúas membros da Real Academia Galega, xornalistas e escritoras.
A actividade permitirá coñecer a traxectoria de dúas figuras destacadas da cultura galega, con recoñecidos traballos nos ámbitos das artes audiovisuais. Margarita Ledo desenvolveu unha ampla carreira vinculada ao cine, mentres que Ana Romaní é unha das voces de referencia da radio galega.
O encontro terá lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo e contará con entrada libre.