Mazoi recupera as súas festas patronais cunha fin de semana chea de música e tradición

LugoXa
A parroquia lucense celebrará do 5 ao 7 de xuño as festas na honra a Santa Eulalia con verbenas, churrascada e sesións vermú
santa_eulalia_de_mazoi
24 May 2026

A parroquia de Mazoi volverá celebrar este ano as súas festas patronais na honra a Santa Eulalia cun amplo programa de actividades previsto para os días 5, 6 e 7 de xuño.

A organización anunciou a recuperación desta cita festiva, que reunirá durante toda a fin de semana música, tradición e actividades para a veciñanza e visitantes nun ambiente marcado polas verbenas e os encontros populares.

A programación arrancará o venres 5 de xuño cunha churrascada popular seguida dunha verbena amenizada polo grupo Acordes e por DJ Patakiña.

O sábado 6 celebrarase a misa solemne na honra á patroa e posteriormente terá lugar a sesión vermú co grupo Punto Clave. Pola noite desenvolverase a gran verbena coa actuación da mesma formación musical e de DJ Billy. Ademais, durante o descanso da orquestra realizarase un sorteo de 500 puntos.

As festas concluirán o domingo 7 de xuño coa celebración da misa solemne e unha nova sesión vermú, que contará coa actuación do Trío Merengue.

0.098385095596313