Méndez acusa a Candia de "escapismo" al anunciar un consorcio para el Museo de la Romanización antes de hacerlo

LugoXa
Denuncia que o PP leva “20 anos mareando a perdiz” para evitar rehabilitar unha infraestrutura “referente autonómico e estatal”
Cuartel-San-Fernando-Museo-Romanización-Lugo
4 Sep 2026

A parlamentaria socialista Lara Méndez dixo hoxe que a proposta de Candia de constituír un Consorcio Histórico – Artístico no Museo da Romanización constitúe un “exercicio de escapismo”. Méndez presentou unha pregunta oral na Comisión de industria na que criticou que o PP leva “case 20 anos mareando a perdiz e perdendo o tempo” para evitar converter o Cuartel de San Fernando no Museo da Romanización.

Criticou a “amoralidade, ausencia de principios morais, éticos e de conciencia” por parte da actual alcaldesa de Lugo, que nunca priorizou o Museo no Cuartel de San Fernando, e agora está a falar dun modelo de xestión da infraestrutura antes de ter o inmoble rehabilitado e sen falar coas outras administracións. Dixo que esta proposta, antes mesmo de falar coas administracións implicadas, constitúe “un exercicio de escapismo” co que “quere correr antes de empezar a camiñar”.

Méndez lembrou que o PP que agora goberna en Lugo foi o mesmo que votou en contra dos Orzamentos para a cidade, que incluían un investimento de 3,8 millóns de euros para o Museo. A parlamentaria socialista esixiulle “altura de miras” ao goberno galego para desenvolver políticas turísticas “máis aló do Camiño de Santiago” e garantir que Lugo dispoña dun “museo interactivo, onde se investigue, que non sexa solo unha exposición”.

Méndez acusou ao PP e ao goberno galego de “perder o tempo nunha resposta que nunca chega por parte da Xunta”. Como exemplo lembrou que o goberno galego leva dous anos incorporando aos Orzamentos da Xunta medio millón de euros a proposta dos socialistas galegos como primeiro paso para comezar co proxecto, unha partida que nunca executan e a utilizan “unicamente para conseguir titulares baleiros”, polo que demostran que “nunca foi un proxecto prioritario para o PP”.

Méndez reclamoulle ao goberno galego que declare o Museo como Proxecto Industrial Estratéxico -PIE-, executando as partidas comprometidas nos Orzamentos e comezar cun “calendario concreto e público de actuacións, comprometendo financiamento plurianual e coordinando ás consellerías e ao Concello de Lugo”.

0.15935015678406