Monterroso abre as inscricións para a súa carreira San Silvestre, que se celebrará o 27 de decembro

O Concello de Monterroso abriu as inscricións para unha nova edición da súa carreira popular San Silvestre, que terá lugar o domingo 27 de decembro. A saída e a meta estarán situadas na Praza Conselleiro Fernando Salgado, xunto á Cúpula.
As persoas interesadas poderán anotarse ata o 22 de decembro. A competición contará con diferentes categorías e percorridos para facilitar a participación de pequenos e maiores. As distancias irán desde os 150 metros da categoría pitufos ata os 400 metros das categorías de promoción (nados entre 2017 e 2019) e sub-12 (2015 e 2016), ademais dos 4,5 quilómetros da carreira absoluta.
Desde o Concello animan tamén os participantes a acudir disfrazados para gozar dunha mañá que combinará deporte e diversión.