Monterroso mellora o camiño entre Viloide e a estrada de Güimil a Sindín

LugoXa
A actuación, cun investimento de 61.562 euros, permitirá renovar o firme, eliminar os baches e mellorar a sinalización do vial municipal
estrada-de-Güimil-a-Sindín-Monterroso
27 Aug 2026

O Concello de Monterroso iniciou as obras de acondicionamento e mellora do camiño municipal que comunica Viloide coa estrada que une Güimil e Sindín, ao seu paso por Traslama.

Os traballos permitirán renovar o firme do vial mediante a colocación de aglomerado en quente, ademais de actuar sobre os baches existentes e incorporar nova sinalización para mellorar as condicións de circulación.

A actuación conta cunha achega de 61.562 euros por parte da Consellería do Medio Rural, concedida ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2026-2027.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, explicou que a intervención permitirá mellorar a accesibilidade e facilitar a circulación por este tramo. "Garantir a accesibilidade ás explotacións agropecuarias e parcelas agrícolas existentes, así como o paso de calquera tipo de vehículo", sinalou o rexedor.

Con esta actuación, o Concello busca mellorar o estado dun dos viais de titularidade municipal e facilitar os desprazamentos tanto dos veciños como dos vehículos que empregan esta vía.

A intervención está financiada a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2026-2027 da Consellería do Medio Rural, dentro das actuacións destinadas á mellora das comunicacións e dos accesos no ámbito municipal.

0.18182921409607