Monterroso mellora os camiños municipais de San Lourenzo e Vilanova cun investimento de máis de 40.000 euros

LugoXa
O rexedor destacou a importancia deste tipo de actuacións para mellorar a comunicación e a seguridade nas zonas rurais do municipio
melloras-caminos-san-lourezo-e-vilanova-monterroso
25 May 2026

O Concello de Monterroso continúa avanzando no seu plan de mellora das infraestruturas rurais con novas actuacións nos núcleos de San Lourenzo e Vilanova, onde veñen de executarse obras de acondicionamento dos camiños municipais.

A intervención, financiada a través do Plan de Cooperación cos Concellos, supuxo un investimento superior aos 40.000 euros e permitiu actuar sobre varias vías que presentaban un importante estado de deterioro.

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, visitou as actuacións acompañado por membros do equipo de Goberno para comprobar o resultado das obras realizadas tanto en San Lourenzo como en Vilanova.

O rexedor destacou a importancia deste tipo de actuacións para mellorar a comunicación e a seguridade nas zonas rurais do municipio, ao tempo que avanzou que o Concello continuará impulsando novos proxectos de mellora viaria.

Neste sentido, Eloy Pérez anunciou que “próximamente iniciarase a licitación para o arranxo e mellora de máis vías rurais en distintos puntos do Concello de Monterroso”, dentro da aposta municipal pola modernización das infraestruturas locais e a mellora da calidade de vida da veciñanza.

0.11799907684326