'Mulleres do Nordés' chega ao Vello Cárcere de Lugo

LugoXa
A edil de Cultura do Concello de Lugo anunciou a chegada da mostra 'Mulleres do Nordés', de Vicki Ribadulla, ao Vello Cárcere
vello carcere lugo
5 Xuño 2022

A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a exposición Mulleres do Nordés, da pintora Vicki Ribadulla, vén de unirse á proposta expositiva do Vello Cárcere. Maite Ferreiro destacou a mostra como “unha nova proposta para coñecer a obra desta pintora, que permitirá coñecer distintas escenas da costa da morte”.

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata finais do mes de agosto, e consta de 27 acrílicos sobre lenzo, xunto con 3 lonas de 1x2 metros cada unha.

A artista, Vicki Ribadulla, define a mostra como “unha declaración de principios e unha toma de postura ante unha forma de vida e unha cultura do mar da que formo parte por legado e por desexo e que é intrínseca ao ser da Costa da Morte, de forma moi intensa, a presenza do lugar onde vivo- Muxía-, está en todo o proxecto, mais é un microcosmos exportable, metáfora de moito máis”.

0.19902515411377