Música e gastronomía, no magosto de Navia

Está organizado polo Concello de Navia de Suarna, en colaboración coa Deputación de Lugo
castañas-magosto
23 Out 2024

O próximo sábado 2 de novembro de 2024, a praza da Proba en Navia de Suarna será o escenario dun Magosto popular a partir das 20.00 horas. O evento contará con actuación musical para amenizar a celebración, mentres os asistentes poderán degustar produtos típicos desta época do ano, como touciño e chourizo asado, acompañados de viño e as imprescindibles castañas asadas.

Este magosto, organizado polo Concello de Navia de Suarna, en colaboración coa Deputación de Lugo, promete ser unha ocasión perfecta para que veciños e visitantes celebren unha das tradicións máis importantes do outono galego, gozando de boa comida, música e ambiente festivo.

0.096224069595337