Navia de Suarna celebrará a V Polavila Naviega cunha noite de cantos de taberna

Once grupos participarán o sábado 3 de xaneiro nun percorrido musical polos bares de Navia de Suarna
Os-do-trece-Polavila-Naviega
23 Dec 2025

A localidade da Proba de Navia, no concello de Navia de Suarna, acollerá o sábado, 3 de xaneiro de 2026, a celebración da quinta edición da Polavila Naviega, organizada pola AC Deiqui, unha cita xa consolidada arredor dos cantos de taberna.

O evento desenvolverase polos distintos bares da vila e dará comezo ás 19:30 horas, convertendo a noite nun encontro de música popular, convivencia e tradición.

A V Polavila Naviega contará coa participación dun total de once grupos procedentes de distintos puntos da provincia e doutros lugares de Galicia.

Nesta edición subirán á polavila Os do 13, Son de Cores, Nubeiro – Son Galego, Os Xílgaros de Lugo, Cara cás, Os Ministriles, Afogapalletas, AC Andrade, Son de Outeiro e Tanto Ten, que animarán os establecementos hostaleiros coa súa música ao longo da xornada.

⚙ Configurar cookies
0.079105138778687